NHD Adventure estamos a preparar unha Liga de Navegación, que constará de catro probas, unha por mes, empezando en xaneiro e a última que sera en abril. Consistirá en localizar uns puntos de coordenadas (waypoints) cun tempo definido. Os equipos participantes terán que estar compostos por dúas persoas e un vehículo todoterreo. Haberá dous categorias dependendo da preparación dos vehículos. Para participar é necesario dispor dun teléfono móbil con conexión a internet e instalar unha aplicación nese móbil. Se estades interesados en participar porvos en contacto connosco para darvos mais información. En breve abriremos o prazo de inscrición. Haberá ademais de trofeos aos gañadores das dúas categorías uns premios moi atractivos.